O noso mel provén da zona da Reserva da Biosfera Área de Allariz, e é extraída con métodos artesanais a man, en frío dos panais por métodos mecánicos, preservando todas as súas propiedades inalteradas, e contendo ademais trazas de pole e propóleo.
Contamos con tres variedades monoflorais de mel:
Doce e salgada, potente e robusta
Composición: maioritariamente melatos de carballo, acompañado de castiñeiro e plantas silvestres.
Aspecto visual: cor ámbar moi escura case negro.
Aroma: malteado, a infusión de malta.
Gusto: doce con claros compoñntes salgados.
Aplicacións terapéuticas: dos meles máis nutritivas, rica en antioxidantes, alto contido en minerais e moi aconsellado para anemias ou carencias do organismo. Un mel dos máis eficaces para a cicatrización.
Doce mais con personalidade única
Composición: maioritariamente castiñeiros autóctonos, acompañado de silva e plantas silvestres.
Aspecto visual: cor caoba.
Aroma: a madeira seca.
Gusto: de sabor doce, con notas salgadas.
Aplicacións terapéuticas: rexenera os tecidos intestinais, actuando como antiinflamatorio natural. Ademais, é rico en potasio, calcio, fósforo e magnesio, elementos clave para unha boa circulación sanguínea. Contén moito ferro sendo bo tras perdas de sangre.
Doce e aromático e que a todos gusta
Composición: maioritariamente sotobosque mixtos de plantas rosáceas, entre as que sobresaen as silvas, acompañadas de castaño e plantas silvestres.
Aspecto visual: co ámbar claro.
Aroma: delicado e afroitado, notas ácidas.
Gusto: de sabor suave e moi doce con notas sutilmente ácidas.
Aplicacións terapéuticas: efectos contra as diarreas e disenterías. Moi bo para favorecer unha boa dixestión. Unha das mellores meles para tratar as afeccións respiratorias, con propiedades expectorantes.
Compra na nosa tenda os nosos produtos.
O envío é urxente e de balde se superas 60€ de pedido*.
*Só válido para península.