O noso pole recóllese dende abril-maio a agosto-setembro, as nosas abellas aproveitan en cada época as plantas en floración. Dende os brezos, os carballos, as silvas, os castiñeiros, os toxos entre outras e sen esquecer as numerosas plantas silvestres. Por isto, o pole difire en cores e sabores, así como nas propiedades que nos aportan os principios activos de cada unha das plantas que o compoñen, e é que no pole canta máis diversidade de cores, máis propiedades, engadido as súas propiedades xerais:
Revitalizante xeral: eleva as taxas de hemoglobina en sangue. Indicado na recuperación de anemias.
- Falla de apetito: o pole aumenta o apetito.
- Acción reguladora das funcións intestinais.
- Función desintoxicante do organismo.
Polo seu contido en proteínas o pole é o complemento dietético ideal para persoas vexetarianas, deportistas e persoas maiores.
Só, con iogur, disolto en leite ou auga, en ensalada, con mel... pero como máis efectivo será é tomándoo de maneira continua, creando un hábito e manténdoo.
As tomas poden ir dende media cullerada de postre para os nenos (a partires dos dous anos), ata tres sopeiras para adultos durante o día, mellor fora das comidas, soas ou inxeridas con alimentos que tamén conteñan encimas e nutrintes vivos, como iogur ou zume de froitas feito na hora.
No caso do pole seco, é aconsellable disolvelo ben, ou mastigalo, para obter todos os nutrintes de cada gran. A única limitación é tomalo con líquidos moi quentes, xa que as altas temperaturas (máis de 60ºC) provocan a perda de propiedades.
A composición do pole: auga (variable se é pole seco ou fresco), 35% de hidratos de carbono, 5% de lípidos non saturados y 35% de proteínas.
Gran parte destas proteínas están en forma de aminoácidos libres, e aquí se atopa o sorprendente do pole; contén todos os aminoácidos esenciais.
Tamén contén vitaminas (A, D, E, C e todas as do grupo B) minerais e oligoelementos, encimas e susbtancias antibióticas que aumentan o seu poder terapéutico.
Dá bos resultados en problemas da menstruación ou trastornos da menopausia asociados a inflamacións destos tecidos, así como da próstata e das vías respiratorias.
Pode ter efectos beneficiosos sobre o sistema nervioso, aumentando a concentración, a memoria e a motivación en xeral, sendo especialmente apropiado para os maiores.
As personas alérxicas ó pole non teñen de que preocuparse, xa que o pole procesado polas abellas non provoca a mesma reacción.
Un remedio universal: prevén dende a caída do cabelo, ata o reumatismo e a artrose, e tamén a gripe, xerando unha barreira ante os xermes.
A clave está na constancia. Non se trata de ningún produto milagroso nin cura nada de repente, senon máis ben dunha aportación extra para o cuidado da saúde.
Compra na nosa tenda os nosos produtos.
O envío é urxente e de balde se superas 60€ de pedido*.
*Só válido para península.